Un home chamado Petronius procedente da civilización romana de Astúrica (Astorga), decide ir a pasear, como soe facer moitas veces no seu tempo libre, aos arredores do monte Medulio. Por alí hai un río no que, se se encontra moi cansado, Petronius sempre...
Más
Un home chamado Petronius procedente da civilización romana de Astúrica (Astorga), decide ir a pasear, como soe facer moitas veces no seu tempo libre, aos arredores do monte Medulio. Por alí hai un río no que, se se encontra moi cansado, Petronius sempre para e fai un descansiño, recupérase, bebe e incluso adormece un pouco. Este día decidiu sentarse la ribeira do río cando viu algo que resplandecía un pouco e lle pareceu fora do común. Acercouse a aquel pequeno brillo que podía ver dende onde estaba sentado e decatouse de que era ouro. Rapidamente púxose as súas sandalias, que as quitara para entrar no río, e volveu todo o rápido que puido para a súa cidade. Comezou a contarlle o achado a todo o mundo, pero cando se decatou de que ninguén o estaba a crer, decidiu ir a contarllo á súa amiga Gaia. Ela creuno, pero de todas formas díxolle que era mellor que a levara a ela antes de convencer á xente da cidade. Petronius non o dubidou e levou a Gaia a ver o ouro ao río. Sorprendeuse moito,
Menos