Revista A Moa nº 24 - Primavera do 2008 (I)
10 páginas
Publicado por
bngcarnota
Derecho de autor :
Todos los derechos reservados
Voceiro LLocal dde BBNG ee GGaliza NNova dde CCarnota ~~ PPrimavera 22008 ~~ NN° 224
Tamén estamos na rede! www.
bng-galiza.
org/carnota www.
bng-carnota.
blogspot.
com
contigo, Galiza decide
bng
Non puido ser.
A gardería infantil...
[Más]
Voceiro LLocal dde BBNG ee GGaliza NNova dde CCarnota ~~ PPrimavera 22008 ~~ NN° 224
Tamén estamos na rede! www.
bng-galiza.
org/carnota www.
bng-carnota.
blogspot.
com
contigo, Galiza decide
bng
Non puido ser.
A gardería infantil pública
aprobada para o noso concello converteríase na
oitava da provincia da Coruña e na primeira da
Costa da Morte, non habendo ningunha outra nun
radio de 50 quilómetros.
Solicitouse, tramitouse,
aprobouse e mesmo chegaron a contratarse as
obras, mais a Galescola de Carnota non puido ser.
Tras chegar ao goberno, o PP non perdeu un
minuto en cumprir unha das ameazas máis repetidas en campaña: a "reformulación" do proxecto
da Galescola que a corporación anterior deixara
a piques de realizarse no lugar de Carnota, ubicada no marco das infraestructuras públicas xa
constituídas actualmente (Escola Primaria,
Pavillón Municipal e Casa do Concello).
Tras seis
meses impedindo que a empresa adxudicataria
botara a andar as obras, e a falta de menos dun
mes para caducar o investimento, o goberno
municipal solicitou unha prórroga á
Vicepresidencia para "buscar ubicacións alternativas", a pesar de que o arquitecto municipal confirmara que era a mellor das que se dispuña.
O
BNG xa advertiu nese preciso momento que dita
prórroga era inviábel, posto que a partida orzamentaria que financiaba a práctica totalidade da
Galescola caducaba en decembro, data en que a
obra tiña que estar non só comezada senón rematada e entregada.
Como era de esperar, poucos
días despois a Vicepresidencia (que tamén quedou sen o investimento, pois non podían destinarse a outros fins) comunicoulle ao Concello a
imposibilidade de conceder prórroga ningunha.
Calquera cun mínimo coñecemento da xestión pública sabería o que iña pasar, polo que
entendemos que o goberno municipal o sabía.
Non obstante seguiron insistindo sen tregua en
derribar o proxecto xa contratado polo goberno
anterior, a pesar das reiteradas advertencias do
BNG.
A touro pasado, moito nos tememos que a
cuestión da ubicación foi tan só a excusa perfecta para desbaratar o que estaba a piques de converterse nun rotundo éxito de xestión do BNG, e
de paso camuflar o rexeitamento frontal do
Partido Popular ás Galescolas.
Ou o que é peor,
que a verdadeira intención fose protexer a gardería que persoas do entorno do PP xestionan no
municipio, e que ademais de ser privada ofrece
uns servizos absolutamente deficitarios.
En resumidas contas, o Partido Popular non
quixo que Carnota teña Galescola.
O PP de
Carnota dilapidou consciente e premeditadamente unha gardería pública e mais un investimento total de 550.
000€ que xa atopou xestionados e contratados ao chegar ao goberno.
E o
que é peor, provocou que moitas familias de
Carnota que poderían ter acceso á Galescola
neste mesmo ano perdan indefinidamente un
servizo de tal importancia para o seu benestar e
a súa liberdade.
O BNG segue agardando a que a o goberno
municipal recoñeza en Pleno publicamente a súa
renuncia á Galescola de Carnota, tal e como lles
obriga a legalidade por decidir derrubar sen
pasar polo pleno un acordo plenario lexítimo e
vixente.
Ademais, seguiremos traballando na
defensa dos veciños perxudicados e a prol de calquera iniciativa de apoio a instalación dunha
Galescola en Carnota.
>> A GALESCOLA PÉRDESE OFICIAL E INDEFINIDAMENTE
O PP decidiu que Carnota non tivera
unha Galescola que xa atopou xestionada, financiada e contratada
[Menos]
Inserte una miniCalaméo en su Web o en su blog